fer a festa 1 şarkı sözleri

Hoxe saio, convídanme a unha festa É curioso, aquí todos teñen terraza ou azotea Fago tempo, por sorte queda preto O pibe vive en Gràcia, coma todolos modernos É curioso, vaste a unha gran cidade Aluguer, nivel de vida, aquí todo é ó grande E se podes pagar un pouco máis, pois apoquinas Pa vivir nun sitio que se sinta máis coma unha vila E aquí todo mundo fai movidas raras Van a cerámica, ao rocódromo, padel ou salsa Ofrécennos de todo pa estar entretidos Baixo a rúa e están aí pintando cadros e bebendo viño Perdón, estoume descarrilando Hoxe vou á festa dun colega dun colega E nun sentido introspectivo eu por dentro celebro Que o meu disco o outro día fixo un millón de repros Mais non sei que se celebra Non coñezo a moitos e os que sí, danme pereza E doume unha ducha fría por se me activa Aínda que estamos en sequía, porfa, perdóame esta O Guille convidoume Coñecino de noite non lembro cando Coma min, viuse aquí para tentalo Fala moito de si mesmo, pero bueno, é bo pavo Polo que comentaba ía haber peña do mundillo Saio dúas horas tarde, pero estou chegando Estou un pouco nervioso, non vou negalo Así que antes de chamar boto un pitillo no portal do lado Dous minutiños xa puiden resetear Chámoo e cólgame e abrese o portal Dende a planta baixa escóitanse os gritos Subo as escadas e o volumen vai subindo Subo pouco a pouco, vou verbalizalo Esta festa non me ape demasiado Así que tento mentalizarme en cada peldaño Non o vexas como ocio, mírao coma traballo Abro a porta, yeah yeah 20 e pico persoas, de primeiras impresiona Gafas de sol e totes e camisas con estilo Falan tranquilos pintando nun plato de vinilo Álex é un trapeiro, 20 e poucos anos Falábamos por Insta e sempre era full de majo Sempre falabamos de algún día tomar algo Até que subiu un tema eu non quixen partillalo (nas stories!) María é influencer, 20.000 en Insta E case empre me chama polo nome de artista Tampouco é que me ofenda, non somos colegas Pero prefiro centrarme noutra peña da azotea Séntome entre un grupo de decoñecidos E nótoos moi atentos a cada cosa que digo É xúrovos que isto, antes do disco, era distinto Pásanme o prato e digo que hoxe vou tranquilo Todos os meus chistes fanlles gracia e non o entendo Agóbiome e digo que vou ao baño un momento Alí non fago nada, collo aire, mírome no espello E volto antes de que pase demasiado tempo Saio e vexo a esta rapaza, non sei como se chama Mais paréceme que é súper guapa Querería darvos algún dato máis para non obxetivizala Pero é que aínda non sei nada, pero atráeme Penso en como achegarme Máis non coñezo á peña que a rodea pa acoplarme Séntome noutra cadeira libre, onde o grupo grande Chégame o plato da esquerda e hm, veña, dálle Están falando pero eu non os escoito Ela estase rindo alto e eu mirando de reollo E non quero ser un puto aproveitado Mais so dou pensado en que facer pa darme achegado Un grupo de tres inclúenme no seu asunto Máis cústame estar atento e desconecto todo rato Cada vez que reconecto é coma éste pasatempo De xogar a unir os puntos, mais non pillo o debuxo Quero falarlle, pero de que coño lle falo? Oxalá amosase o interés que amosan estes randoms Pero se o fixese sería nunha imaxe proxectada E quizais ao coñecerme podería decepcionala Meu, que palo, levántome e vou para a esquina Boto outro cigarro, dende aquí vese o mar e o Tibidabo Ideas soltas na miña cabeza estou pensando Saúdame outro pibe random, pónseme ao lado Chámase Pablo, cantante en solitario Finxo que non coñezo o seu proxecto ao contarmo Letras poperas sobre amor, rollo inocente Ten un target a meirande parte de adolescentes Vai pasado, ten un problema coas drogas Non pasou nin media hora e xa mo está contando Ten pinta de ser o mítico pibe interesado Que se estou cunha colega nin a mira en todo o rato Conta que non controla e non sei se sinto pena Porque non somos colegas e sinto que non me escoita Ademais, antes xa puxen a orella Estaba contándolle o mesmo a outra persoa da festa Levo 40 mins asentindo calado así que Dígolle que marcho para reencherme o vaso, Vou pillalos xeos, unha man na miña espalda Ofréceme do prato pero teño taquicardia Guille pregúntame que tal cos seus amigos No fondo iríame pero é que inda está subindo E dime que nos imos a un garito, que non marche Que un amigo dun amigo cólanos no backstage E voume con eles Hoxe só quero entreterme Non sei que se me perde Mais non o quero comprobar E voume con eles Hoxe só quero entreterme Non sei que se me perde, eh eh Estou nunha habitación, lonxe do montón E aquí todo Dios está pasado E a rapaza esta non seguiu onda nós Fixo bomba de fume e non é raro E hai unha rapaza maja, dime que é galega E que morrería do asco se voltase á terra E lonxe de entrar no debate, corto rápido a conversa Porque penso que non ten nin puta idea E séntome cun pibe que inda parecía majo Tocaba demasiado, pero bueno, ía borracho E non vai o cabrón e fai un selfie co seu móbil E mencioname á conta de artista nas stories E deixeino pasar porque cundíame a conversa Era con quen máis a gusto estaba de toda esta peña Falamos media hora, vou pillalos xeos E escoito que lle di ao colega: "Mira con quién me codeo" E a tomar por culo, pido meter outra ralla Non hai metro, estou a máis de unha hora da casa E cando me pasan o material algo me alarma Estanse rindo nun grupiño, véxollo na cara Están falando de min, véxoo nas miradas Suxeita o móbil raro, meu, sei que me gravan Finxo estar tranquilo, vou andando onde eses tipos E revento o puto móbil contra a mesa meu que pasa E todo iso está gravado Subirano a redes e dirán que estou colgado Dá igual, porque co tempo irase olvidando Así que marcho e sigo a festa no barrio do lado
Sanatçı: Fer
Türü: Belirtilmemiş
Ajans/Yapımcı: Belirtilmemiş
Şarkı Süresi: 6:24
Toplam: kayıtlı şarkı sözü
Fer hakkında bilgi girilmemiş.

Fotoğrafı