fer a festa 3 şarkı sözleri

Abren as contras O sol asómase E rózame a pel Unha piba durmida Entre a bebida e un bafle Co baixo a cen Non queda xa ninguén E iso está ben Moitos fóronse marchando Despídome en baixo E marcho tamén Saio ao Eixample As rúas son amplas E non hai case ninguén Un 365, xa vira outro antes Pido un café Verme nun metro agóbiame agora Decido ir a pé Fago un piti pa o camiño Inda que o camiño daría pa 10 A casa está lonxe Escóitanse coches Xa comezo a estar canso Quítome os cascos Saturado, mente en branco Pasándome por Urgell Vexo que se baixo estou a tempo Pero négome a ser o mítico que Rouban porque sobouse no metro E o sol do verán apreta e afoga E cústame estar contento Pero cálmome un pouco e acougo ao pensar No bonita que estaba no inverno E subindo por Passeig Unha masa de guiris fanme ir lento E cágome nos putos guiris Mais en parte penso que eu son o mesmo Queda Menos Isto é Gracia Encollense as estradas O ruido de fondo baixa En tres Plazas Chego a Casa Un suspiro na entrada Collo e subo as escadas E o chan está sucio e a mesa está sucia Todo está como o deixara E tirao no sofá póñome a ensinar Á soidade a darme a pata Lémbrome do café que tomei antes Para poder chegar ben até casa Calculeino moi mal E pensar en meterme na cama Dame taquicardia Estou en blanco Non penso en nada De pronto estallo Bágoas na cara E lembro que os cantantes Fan os seus mellores temas Cando están na merda E escribo unha letra E sáelle un tema guapo E grávao canto antes E acaba sacandoo Nun venres novedades Cántao moitas veces E vós sempre cantades E cando o gravades Iso é publicidade E non sei Se estou onde quería estar Onde quería estar E non sei Se estou onde quería estar Onde quería estar E tírome horas sentado Facendo e refacendo versos Mais isto non me está aliviando No fondo só penso nas repros E até o sol estáse pirando Deixandome só e medio tolo E piro pa cama forzando Porque mañá teño un bolo
Sanatçı: Fer
Türü: Belirtilmemiş
Ajans/Yapımcı: Belirtilmemiş
Şarkı Süresi: 2:43
Toplam: kayıtlı şarkı sözü
Fer hakkında bilgi girilmemiş.

Fotoğrafı