fer agosto şarkı sözleri

Estou de volta Vinme un finde exprés Ó camping onde veraneaba ao carón da Illa de Arousa Estou a soas, pedinme un café E lembro que até ben grande odiei este sitio Porque ía mal internet E onte saín de festa por Compostela estaba con Fer Tiraos pola Zona Vella Contándonos penas até as seis E a xente que nos topamos pregunta "Que tal a nova vida?" E dígolles que estou guai Que a cidade está guai Inda que teño morriña Ventosela Dez e media ou once e media Non lembro guai pero o tema era Estaba plagao de guiris que gritaban merdas Meu, que pereza, ruído de fondo, dor de cabeza Nunca me soou que no verán se puxera tan mal Pero igual viñen levantando a cella Saín co plumas Pleno agosto e frío coma de novembro Fer dixo que este clima era insultante Pero agora, até isto botaba de menos E cada vez que veño estou atento A todo o que non é onde o deixei eu Sei que non vou frealo Pero paulatino faise máis doado De recados, paseando Baixo Romero Donallo Miro o piso alugado no que medio grupo Viviu un ano Agora están xa colocados Por España, traballando Non queda o que estou buscando E as lembranzas entran envolvendo clavos E cada recoveco faime lembrar Un día que é perfecto e que non voltará Case sempre en verán Chegados a este punto xa non sei que é real Voltar co coche vendo atardecer no mar Saír e non saber que garito abrirá Sós de madrugada vendo a catedral Rematar de mañaneo todos nun sofá Meu, estouno idealizando Condenso nunha tarde máis de 5 anos Lembrandome dos tempos nos que os meus pagaban menos De 200 por pisos que pa min eran palacios E cada vez que o penso faime dano Mais sinto que lembralo é telo amarrado Dáme medo esquecelo Agora mesmo isto é o que teño, Esperto E se por min fora quemaría o puto Burger King Mais agora entraba unha burger dun euro Son tantas cousas as que me fan ser feliz Mais estou tan obcecao coas que non teño E hai tantas cousas das que non me despedín Pero non era consciente no momento E prométovos que alí eu son feliz Mais sempre que veño acabo chorando nalgún mo Estou de volta Vinme un finde exprés Ao camping onde veraneaba Ao carón da Illa de Arousa Nova xente, nova piscina Zumba de 17:00 a 18:00 O ambiente é menos tranquilo Pero agora vai mellor o internet E cadroume que mañá haberá unha comida de toda a familia E quero aproveitar inda que agora mesmo dame preguiza E cando tíos e primos pregunten "Que tal a nova vida?" Direilles que estou guai Que a cidade está guai Inda que teño morriña
Sanatçı: Fer
Türü: Belirtilmemiş
Ajans/Yapımcı: Belirtilmemiş
Şarkı Süresi: 4:57
Toplam: kayıtlı şarkı sözü
Fer hakkında bilgi girilmemiş.

Fotoğrafı