fer marcho şarkı sözleri

(You are so beautiful to me) Está achegándose o verán E inda que andan tos ocupados A ver se saen do traballo ou algo Para unha litro en Bonaval E ponme tan contento todos os anos Sacar os curtos do armario E os carballos do meu barrio levan medio ano mollados Coma bichos en inverno para agora frontear E rodeado por cincuenta tons de verde e azul claro Que este ano vou perderme porque nun par de semanas Marcho que teño que marchar E inda que tamén me da mágoa Tampouco é unha desgraza Pasarei a visitar Unha vez ao mes polo menos Polo menos ao comezo E non, non estou mal Isto é a miña elección Podería paralo cando queira Mais tampouco é plan No fondo teño tanta sorte de que me de tanta pena Coller carretera Na mochila un par de cervezas O luscofusco na praia Voltar e quitarme a area Almorzos no Damajuana Sentarme á sombra na plaza Ou coller café pa levar E sentarme nas escadas de Quintana Paseándome a Zona Vella Como cambiou a situación Cando a xente dicía que era bonita Asentía por educación Até que marchei fora (Con 20 anos) Interrail, un par de semanas Recorréndome Europa E tras quince días de turista Aprendín a mirar e fixarme E tamén me din conta De o feo que é o puto Ensanche Mais tamén lle gardo cariño Por todos eses pisos que estiveron alugados Polos meus amigos Foron as miñas segundas casas todos eses anos E cometín o erro de crerme Que ía ser pa sempre Que dentro de 10 anos Seguiría a mesma xente Mais fóronse indo fóra Porque todo está fóra E buscareime a vida en Barcelona Marcho que teño que marchar (Marcho que teño que marchar) E inda que tamén me da mágoa Tampouco é unha desgraza Pasarei a visitar (Pasarei a visitar) Unha vez ao mes polo menos Polo menos ao comezo E non, non estou mal (Non estou mal, non estou mal) Isto é a miña elección Podería paralo cando queira Mais tampouco é plan (Mais tampouco é plan) No fondo teño tanta sorte de que me dea tanta pena O Paxonal Belvís, Galeras Alameda, Bonaval Un paseo por Sarela As vistas dende O Pedroso Monte de Deus, Área Central A xente quéixase da choiva Sen pensar no que aporta E todolos meus amigos Dinme que en Barcelona non vou darme aburrido Mais eu non sei que dicirvos Estou dubitativo porque Alí na praia verei amencer Mais aquí os atardeceres son eternos É só quero botarme un porriño Cos meus panas tirao no céspede Á sombra, espabilo e vexo Que vai ser que non Que o meu pai está conmigo no control E dáme unha aperta porque estou pa cruzar Lagrimillas asoman pero facemos bromas Pecando de pibardos que non saben chorar E digo: "Cóidate moito, Que isto é un par de anos Facede exercicio E comédeme sano Seguide saíndo Aproveitade o rato Que para cando volte Faremos un churrasco" Donde me pongan un chuletón al punto… eso es imbatible Marcho que teño que marchar (Marcho que teño que marchar) E inda que tamén me da mágoa Tampouco é unha desgraza Pasarei a visitar (Pasarei a visitar) Unha vez ao mes polo menos Polo menos ao comezo E non, non estou mal (Non estou mal, non estou mal) Isto é a miña elección Podería paralo cando queira Mais tampouco é plan (Mais tampouco é plan, mais tampouco é plan, mais tampouco é plan) No fondo teño tanta sorte de que me dea tanta pena (Non estou mal, tampouco é plan)
Sanatçı: Fer
Türü: Belirtilmemiş
Ajans/Yapımcı: Belirtilmemiş
Şarkı Süresi: 5:31
Toplam: kayıtlı şarkı sözü
Fer hakkında bilgi girilmemiş.

Fotoğrafı