fer o soño şarkı sözleri

Tiven este soño no que estabamos os dous O sol brillaba, o ceo azul e algunha nube branca Estabamos de pé nunha superficie cadrada De madeira ao redor de nós só había auga Non había olas nin corrente, estaba plana Como o salar de Uyuni, mais sabendo que afondaba E non había probas, tampouco as necesitaba De aquí ao ceo e aquí ao fondo habería a mesma distancia O espazo era tan grande que nin o eco rebotaba Entón ti sinalaches co dedo pa que mirara De pronto o horizonte era un muro de montañas Como as que estaban no disco de Kanye, de portada E aínda que nunca estivemos, dixemos que iso era Islandia As cimas non se vían porque eran demasiado altas Dalgunha forma daba a sensación de que se estaban achegando Paso a paso e non facías nada Parei de mirarte e estabamos nunha praia Centos de persoas soas á mesma distancia Todas descalzas caladas de pé mirando ás montañas Notei o auga nos pés e notábase tan fráxil E agora o muro era un tsunami E estabamos tan tranquilos Porque algo tan perigoso Non podía ser tan bonito E nin sequera nos movimos (Leitmotif 1 para quen inda non se catara) (Leitmotif 2)
Sanatçı: Fer
Türü: Belirtilmemiş
Ajans/Yapımcı: Belirtilmemiş
Şarkı Süresi: 2:15
Toplam: kayıtlı şarkı sözü
Fer hakkında bilgi girilmemiş.

Fotoğrafı