gaëlo cre-ando şarkı sözleri

Fuxindo do mundo, deixarse levar Deterse no instante agarda o momento Sen medo a voar, comeza a soñar Cos ollos pechados escoita o silencio O tempo pasa lento sabendo que chegará, que chegará, chegará. A liberdade de expresarte, deixar de ser cobarde Deixar de pensar que sempre chegas tarde A calquer parte poder viaxar coa túa arte. Crear, soñar, loitar ate o final Para tocalo ceo; coas túas mans! Poder vivir, loitar ata chegar Creando un universo; que imaxinar. Un cadro, un poema, un baile , unha canción Atopa solucións cando todo son problemas; Cando chega a inspiración no corazón todo merece a pena Romper cadeas da sociedade que nos rodea. Desfruta da condea, desfruta da tensión Da creación da luz do sol que entra pola xanela En días grises que anuncien a tormenta Sentirse ilusionado superando novas metas. As horas que pasan pensando no cuarto A mente paciente agarda doente diante da páxina en branco. Aprende de cada tropezo, mellora con cada fracaso Percibe que todo é posible, facer o increíble Que logo critiquen ti sigue creando. Crear, soñar, loitar ate o final Para tocalo ceo; coas túas mans! Poder vivir, loitar ata chegar Creando un universo; que imaxinar, que imaxinar, que imaxinar. Artista que pásala vida enriba dalgún escenario Pintando con plástico e tinta algo extraordinario. Demostra que todo o talento, precisa de moito traballo Ensaia a diario e non fagas caso daqueles que din que estás acabado. Que din que non podes, que din que non vales, Que din que non sabes, ti cree en ti, que non te comparen; Importa ser feliz e desfrutar do baile, trouxonos aquí.
Sanatçı: Gaëlo
Türü: Belirtilmemiş
Ajans/Yapımcı: Belirtilmemiş
Şarkı Süresi: 2:51
Toplam: kayıtlı şarkı sözü
Gaëlo hakkında bilgi girilmemiş.

Fotoğrafı