jacobo mouriño non pido máis şarkı sözleri
Que fas aquí unha vez máis? sen que eu o mereza sempre estás ó meu carón
Quizáis porque, quero pensar, que eu fun polo menos o teu máis sinceiro error
Non pido máis, non quero non preciso máis
Non quero non preciso máis
Sorrío, e volvo mirar con cara de tonto a túa ollada
De estrela, de protagonista de peli de culto que apenas podes rozar
Non pido máis, non quero non preciso máis
Non quero, non preciso que me volvas chamar "meu amor"
Se segues estando aí se segues dandome apertas contándome a vida
Que tal foi o día, rachando de risa
Porque ainda me poño nervioso se me falas
Porque aínda me fastidia non saber de ti
Porque aínda se sorrís eu poñome feliz
Porque aínda está ese enigma que non resolvín
E sabes que? Que creo que é mellor se nunca o chego resolver
E podemos, volver pasear, sentarnos nese banco
Onde poñias a cabeza nos meus ombreiros
E eu dicía "como queiras pero quédate preto"
Mellor deixo de lembrar, que me fai lembrar
E o pasado xa da igual agora só conta o que chegará
E se queres érguete e dame a man
Eu dareite un bico nas meixelas e ti me dirás, eu quérote igual
E que máis dará o de anos atrás, isto é moito máis
Eu non pido máis

