jacobo mouriño persoas şarkı sözleri
Tiramos sempre a primeira pedra con tal de crermos que todo sigue igual
Pois somos persoas, e nada máis, e o que foi perfecto, foi sempre tan irreal
Mais só pensamos o que queremos pensar
Todos crendo non ser coma os demais, e cheos de promesas
A quen queremos enganar facendo exactamente o mesmo?
E dos recordos xa non queda máis ca vellas fotos nun desván
A brisa suave precede sempre ó furacán
Pero eu só lembro o que non debería lembrar, e sempre esquezo o resto
Creinme forte, e ó final, canto chorei por perderte
Somos acaso algo máis ca xoguetes en mans dun neno destino?
Quen o puidera evitar...
Onde están as nosas pegadas borradas polo mar?
E, despois de todo, aínda queres ser inmortal?
Quizais só quero soñar

