Macarena Tejada şarkı sözleri
Galicia, terra de lume
Terra de ríos, de monte e de son
Lugares, que viven alleos
A unha realidade que nos golpeou
Os cantos, as risas, os bailes
Momentos queridos, recordos, paixón
Son hoxe, silencio e tristura
Que embriagan as almas do noso corazón
Terriña non chores terriña
Os teus loitamos xuntiños
A forza do pobo galego
Vence a calquer enimigo
Terriña non chores terriña
Ó lonxe se escoitan tambores
Aqueles que un día soaron
Voltarán máis firmes e fortes
As bágoas, da túa pureza
Enxugan o manto da túa verde cor
Pensando, que houbo algún día
Unha melodía feita tradición
Non temas galicia querida
Son moitos en quen confiar
Pois levan gardado no peito
Un anaco de amor incondicioal
A unha terra e a unha cultura
Que no tempo perdurará
E ó final deste longo camiño
Nosa galicia voltará a soar
Terriña, non chores terriña
Ó lonxe se escoitan tambores
Aqueles que un día soaron
Voltarán máis firmes e fortes
Non temas nosa terra
Pronto voltarás a soar